miércoles, 29 de enero de 2014

SOCAS INFORMA SOBRE A ÚLTIMA XUNTANZA

Ola amigos!
Onte tivemos unha nova sesión do noso cada día máis animado Club de Lectura de Adultos. Case estivemos ao completo aínda que botamos en falta a alguns dos nosos membros máis queridos como Concha. 
A sesión versou, loxicamente, sobre a nosa lectura. El héroe dicreto de Mario Vargas Llosa. Foi moderada polo noso compañeiro Emilio Saldaña, que incidiu en aspectos temáticos como o da paternidade, moi presente en toda a obra do escritor peruano. Salientou as problemáticas relacións pai-fillo que aparecen nesta novela en personaxes como Fonchito -xa aparecido noutras obras como Elogio de la madrastra-; os dous brutos fillos de Ismael, as hienas, que queren desbaratar o matrimonio do seu pai coa criada; Miguel, en realidade non fillo de sangue de Felícito, quen remata renegando del por mor da súa traizón; a propia relación de Felícito co seu pai de quen aprende o lema da súa vida: "Fillo, non te deixes pisotear por ninguén".
Debatendo


Interviñeron moitos dos  nosos asistentes para dar a súas opinións sobre ese tema, e outros como a sociedade conservadora de Perú, a situación da muller, a relación desta novela con outras do autor, o erotismo, etc. E coma sempre, Iñaki preparounos unha das súas completas e documentadas presentacións. 
E veña

O noso vindeiro libro vai ser: Un home na escuridade, a versión galega da obra de Paul Auster Man in the Dark (Vigo: Galaxia, 2008) e vai ser moderada por Guillermo.

Disfrutade coa súa lectura! 
Emilio moderando