martes, 31 de marzo de 2020

31 de marzo: El blog del Inquisidor de Lorenzo Silva

Ola amigos!
Nestas estrañas datas de confinamento, a mellor maneira de superar medos e inquedanzas, é tratar de facer a nosa vida o máis normal posible. Por iso, desde aquí poñemos o noso grao de area colgando a entrada sobre o libro que nos tocaba ler. E logo faremos a sesión de xeito virtual a través do grupo de whasap.


O libro que temos diante, El blog del Inquisidor de Lorenzo Silva, quizais non é o máis oportuno, pola súa escuridade, dadas as circunstancias, pero quen é capaz de prever...?
Talvez tiña sido máis axeitado un da saga de Bevilacqua e Chamorro, que todos coñecemos, e non a historia da amizade entre una historiadora escocesa e un inquisidor. Pero isto é o que temos ante nós. 
Nesta historia, que ás veces se fai un pouco pesada, podemos distinguir tres planos: 
  • a) O relato da amizade de esta estraña parella Theresa e o innominado autor do blog.
  • b) Os flash back no que cada un deles contan as súas vidas.
  • c) O relato da historia da Theresa Valle de la Cerda, do século XVII.


Estas tres historias mestuúanse cunha técnica que, xulgamos, como o mellor da novela. Empréganse, como truco narrativo, as novas tecnoloxías que tan bo papel están a facernos nestes días de reclusión. Dúas almas, unidas polo seu interese por unha páxina máis ben sórdida da historia de España, o Santo Oficio, coñécense pola rede. Vai xurdindo entre eles a curiosidade, o desexo, a amizade... Cada un móstrase ao outro como é. Theresa máis aberta e franca, o Inquisidor, un personaxe un tanto cervantino como puxo de manifesto a crítica, cheo de barreiras e prexuízos... Pouco a pouco ela vai gañando a confianza del, botando abaixo as súas defensas. E todo remata cun encontro en Berlín, bastante diferente ao esperado. 
Ao final, nun epílogo, ela pecha o círculo cunha visita ao lugar real onde sucedeu a historia do século XVII. Historia que, por certo, é verídica, como demostra a inclusión de parte do proceso inquisitorial no propio corpo da novela (páx. 74-88), o que, dito sexa de paso, o fai un pouco críptico. Sobre dito proceso, agás o citado manuscrito da Biblioteca Nacional, e os estudos de Marcelino Menéndez Pelayo, é máis doada a consulta dalgunhas páxinas actuais, como la Madripedia ou  o blog de Manuel Blas


Tamén podemos visitar virtualmente o Convento da Encarnación de San Plácido, que fai esquina entre as madrileñas rúas do Pez e de San Roque e que, a falta do Cristo de Velázquez, que foi "mercado" por Godoy, conserva os impresionantes lenzos de Claudio Coello. 


Con Theresa e o Inquisidor non soamente viaxamos aos terribles anos nos que as conciencias estaban sendo perseguidas e cativadas, tamén coñecemos os pensamentos de Kierkegaard e a música de Johnny Cash "In my life, I love you moore..."  



No hay comentarios:

Publicar un comentario