¿Que estás lendo?


 Non hai maior pracer que dar con unha boa lectura.

Fai un comentario con unha breve reseña do libro que esteas lendo. Pode servir de orientación ao resto dos membros do club e visitantes do blog.

13 comentarios:

  1. Iñaki - outubro:

    El hereje (Miguel Delibes): moi recomendable. Serás quen de voltar á España do s.XVI e as súas miserias.

    La verdad sobre el caso Harry Quebert: Quixen ver o porqué da súa sona e resultou decepcionante. Custoume rematalo.

    La mujer del lunar (Hakan Nesser): Unha boa novela negra para desconectar. Non pretende outra cousa e o logra.

    Pulso (Julian Barnes): Colección de relatos, algúns deles moi brillantes e irónicos.

    ResponderEliminar
  2. Unha novela de Elizabeth Gaskell, que rematei onte. Inglaterra, últimos anos do XVIII. Un pobo baleeiro. Os seus habitantes e tarefas. As levas do rei Jorge... (collen pola forza aos mariñeiros para loitar na guerra contra o francés). Unha rapaza, Sylvia... Título: "Os amores de Sylvia". O título pode confundir: non é unha novela "romántica" no sentido "amorosa", para nada. Unicamente apta para aqueles aos que lle gusten as novelas longas, lentas -ao final vai máis rápida-, costumistas... Para os que queiran "vivir" unha tempada nesa vila baleeira. E, de paso, podemos recordar a "Los invasores", na mesma época, en Ferrol... Haina na biblioteca: falade comigo ou con Pilar, e contámosvos. Esa é outra historia.
    E vou seguir coa Gaskell. Estou a gusto con ela. Xa saben os alumnos que me gusta "viaxar no tempo" e pasar unha boa tempada nos lugares elixidos. Coñecín a E. Gaskell grazas a Pilar. Primeiro foi unha biografía de Ch. Brontë, absolutamente imprescindible para os que gusten da obras das Brontë, da súa época, do ambiente..., e logo unha novela sorprendente: "Norte y Sur".
    O dito, como me gusta vivir no XIX, continúo con Gaskell.

    ResponderEliminar
  3. Tengo muchos frentes abiertos en este momento. Los de los clubes de lectura (en plural), por supuesto. Y otros como, por ejemplo, y por recomendación de Dani del que siempre me fío, el de Alice Munro, La vida de las mujeres (Lumen, 2011). Acaba de salir en español, pero ella lo escribió ya en 1971, cuando tenía 40 años y estaba comenzando su carrera, luego tan exitosa. Se narra, desde el punto de vista de una niña muy avispada, la vida en un pequeño pueblo canadiense. Su luchadora madre, sus excéntricas tías, sus vecinos... Todo un universo que fascina y apetece descubrir.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Siguiendo el ejemplo de Iñaki Tomás pongo los últimos cuatro:

    El tercer policía, Flann O’Brien (Nórdica Libros 2007). Me puse a leerlo tras una reseña de Enrique Vila-Matas en El País. La novela es una sucesión de situaciones disparatadas: un disparate sirve de lanzadera para otro posterior. O’Brien, con Joyce y Becket, según Edna O’Brien, formaría la trinidad de los grandes escritores irlandeses. A Edna no se le puede acusar de nepotismo porque Flann era en realidad uno de tantos seudónimos de Brian O’Nolan. Parece ser que la propia novela tiene una aparición fugaz en uno de los episodios de la segunda temporada de Perdidos.

    De repente llaman a la puerta, Etgar Keret (Siruela 2013). El primer libro de Etgar Keret que leí fue Un hombre sin cabeza (siguiendo una recomendación de Quim Monzó en La Vanguardia). Es un escritor de cuentos, sus lectores en Israel son principalmente adolescentes. En los cuentos de Keret aparecen la agresividad y la xenofobia y la violencia está frecuentemente presente. Él mismo dice que integrar todo esto dentro de una historia alivia bastante. Creo que lo consigue gracias a una importante dosis de humor negro.

    The Master, Colm Toibin (Edhasa 2006). Leyendo una entrada del blog de Félix de Azúa sobre su último libro, que creo no está traducido todavía, di con el nombre de este autor irlandés. The Master trata una parte de la vida de Henry James. Tiene un capítulo especialmente cómico donde cuenta como su cocinera y criado, que son marido y mujer, van cayendo poco a poco en el alcoholismo. Otro muy interesante donde Henry recibe la visita de su hermano William (célebre filósofo y profesor de psicología en Harvard) y éste, en sucesivas discusiones, va exponiendo su opinión sobre la sociedad inglesa.

    Matrimonio amateur. Anne Tyler (Punto de Lectura, 2006). Aunque este es el último libro que he leído de Anne Tyler, prefiero Reunión en el restaurante Nostalgia (Lumen, 2012) o Ejercicios respiratorios (Punto de Lectura, 2007). Sus novelas son sobre familias corrientes que suelen vivir en Baltimore. Para conectar con la entrada de Socas, le doy la vuelta a un comentario que he encontrado en la red: "como en el caso de Alice Munro, Ann Tyler escribe historias tranquilas que sondean las profundidades de relaciones complicadas". Su novela, El Turista Accidental, fue llevada al cine por Lawrence Kasdan.

    Ahora mismo estoy empezando La Broma Infinita de David Foster Wallace. ¿La razón?: una entrada en el blog de Patricio Pron

    ResponderEliminar
  6. Atopar unha persoa con lecturas comunes é un auténtico chollo porque pode suxerirte novos fíos dos que tirar ( ... creo que lle vou sacar moito partido a Armando).
    Este mes foi duro e non tiven moito tempo para ler. Rematei "La habitación oscura" de Isaac Rosa (a sinopse oficial figura nunha entrada do blog) e pareceume una lectura interesante, polo menos a situación ou idea de partida e como evoluciona ao longo da novela. A parte final decepcionoume, ainda que recoñezo que era difícil de resolver.
    É unha obra fresca e de plena actualidade que reflicte a necesidade da entrega anónima, do contacto, nunha sociedade onde os esquemas pasados carecen xa de valor.
    En resumo, novela con idea de partida interesante e contada con orixinalidade ainda que sacrificando o estilo.

    Agora estou empezando "El héroe discreto" de Vargas Llosa ... e a cousa promete ( ... a ver se cumple)

    ResponderEliminar
  7. En fin... Hai moito tempo. Pero iso non quere dicir que non lea... Teño que estar francamente mal para iso. E non é o caso…
    Cóntovos. Penso que -case- rematei coa Gaskell (fáltame algo en inglés que non está traducido, e as series da BBC que me pasou Pilar Berrio). Despois deume por recordar... E non sei a razón… Sería un colar de perlas roto? Serían as perlas caendo…? Quen se acorda de "La saga de los Rius" (serie TVE)? (Para Ignacio Agustí, o autor, "La ceniza fue árbol"). Pois a min deume por lela enteira: só me falta o último volume, e a iso vou. Si, cada un é como é. Está organizada en 5 partes: Mariona Rebull, El viudo Rius, Desiderio, Diecinueve de julio e Guerra Civil. Se queredes ver en primeira fila o fin de século desde a óptica da burguesía catalá, os primeiro terzo do XX, a República e o estalido da Guerra Civil (visto desde Cataluña, por un autor que comezou escribindo en catalán, pero que seguiu en castelán desde 1936), aí o tedes. A min mereceume a pena... Para ben ou para mal, se cadra hai que ler entre liñas… Pero, insisto, mereceume a pena.

    Pero hai algo que merece capítulo especial. As novelas de Pilar Berrio: "El mayordomo de Scotland Yard I, II, III. Falo agora que xa lin as tres que ten publicadas en http://www.bubok.es/. Terédelas en breve na Biblioteca. Pasoume coas tres: cando as collo, non podo soltalas. En serio. Polo libro en si –que me engancha-, pero tamén polos continuos "guiños" que fai a tantos e tantos libros cos que - eu e todas nós- nos formamos. Libros que nos axudaron a medrar como lectoras e como persoas. E Pilar recolle todo iso e fainos recordar... Libros, autores, tempos, lugares, persoas, personaxes...Cando menos a min.

    En fin, absolutamente recomendado para "nostálxicas" de todas as idades. Para aquelas que recoñecemos nos libros de Pilar as nosas lecturas (con ser a obra de Pilar absolutamente persoal e orixinal), e para as novas lectoras, que aínda non saben que son “decimonónicas perdidas”, pero que teñen unha grande oportunidade para entrar neste mundo e nos seus clásicos a través dunhas obras que -ante todo- as van atrapar.
    Xa. Falo en feminino. É que non sei … Realmente, alguén sabe o que len os “chicos, homes, señores”? Alguén sabe con que lecturas se formaron? Que contesten eles…

    Graciñas, Pilar, por todo. Sabiamos que eras boa persoa, xenerosa, pero isto, isto é todo un descubrimento. E agora –tras rematar “Las chicas de alambre” para o Club de Lectura Xuvenil- comezo “El heroe discreto”, xa sabedes… Pero en canto remate, a por outr “filón decimonónico” que se cita na novela de Pilar: A por Wilkie Collins.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén lin o primeiro libro de Pilar en dúas noites (pese a non ser eu nada "decimonónica").
      Noraboa a Pilar, encantaría poder escribir así.

      Eliminar
    2. Ainda que che son máis do século XXI, hai anos lin varias de Wilkie Collins. Gustárame moito "A pedra lunar"

      Eliminar
  8. Ademais do libro de Pilar, nestas vacacións houbo un libro que me cautivou de principio a fin, pola súa forza e polo seu estilo: "Intemperie" de Jesús Carrasco.
    (nota: non vale para calquera estómago)

    ResponderEliminar
  9. Vou rápido. Recomendo varios: Wilkie Collins (A dama de branco, e especialmente The Moonstone, A pedra lúar). Xeniais. Especialmente o segundo, por eses impagables narradores-personaxe: Betteredge e Drussilla Clack: se non existiran -que existen grazas a Collins- habría que inventalos. E penso rematar todo Collins. Pero, por cambiar -que non digan que son obsesiva- estou agora con Zweig (María Estuardo), e moi ben, como era de esperar. En canto remate, a polo que queda de Sándor Márai: todo un descubrimento. Por suposto, polo medio entrará Crematorio...

    ResponderEliminar
  10. Xenial Crematorio. Difícil, pero xenial. Haberá que ler máis a este autor.
    Estou con "El Profesor", de Ch. Brönte. Non o recomendo para aqueles que non leran nada da autora: o de poñerse no punto de vista dun home non era o dela. Decididamente.

    ResponderEliminar
  11. Demasiado tempo. Pero aquí estamos. "Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades". En http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011000023.

    ResponderEliminar