miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENCONTRO CON HENRIQUE DACOSTA: UN VERDADEIRO PRACER

Onte resultou moi agarimoso e tonificante o encontro co noso amigo e compañeiro, o escritor Henrique Dacosta. Lástima que o virus mermase as nosas forzas case que a metade do persoal. Mais os que estivemos disfrutamos coas palabras do autor de Os desherdados, que nos falou dalgunhas das súas "receitas" e segredos. Contounos como para el: "Covas exerce unha atración magnética e case que telúrica". De alí veñen a súas orixes, alí pasou moitos veráns de praia, camiñadas e algunhas trasnadas. Alí imaxinou a historia de Balbina e os outros personaxes, baseándose nas experiencias do seu avó, traballador nos túneles do Monte do Cabalo, e doutros maiores da zona.



Penso que para os que somos de Ferrol (ou polo menos vivimos aquí) é bonito coñecer máis da historia local. Pero é que Henrique sabe contala. Ten o don de encandilar coa súa primorosa, aínda que difícil, prosa. Penso que non esaxero si pronostico que xa temos entre nós un dos grandes.

PRESENTACIÓN DA NOVELA OS DESHERDADOS

sábado, 22 de noviembre de 2014

HENRIQUE DACOSTA VISITARANOS NA VINDEIRA XUNTANZA

Ola a todos! Como xa sabedes, o vindeiro martes, no marco da sesión do novembro teremos o pracer de escoitar de primeira man ao autor do libro deste mes.

Henrique Dacosta virá falarnos da súa novela. Estades invitados todos os membros do Club, por suposto. Mais tamén poden achegarse aqueles afeccionados a lectura que queiran pasar un bo rato co autor de Os desherdados.

É importante que pensedes algunhas preguntas para facerlle a Henrique a así poder aproveitar mellor a súa visita.
Vémonos!

jueves, 30 de octubre de 2014

Presentación da novela Canadá


Aquí vos deixamos a presentación feita pola nosa compañeira Pilar

A NOSA PRIMEIRA SESIÓN

O pasado martes disfrutamos dun animado debate sobre a novela Canadá. A obra de Richard Ford en xeral gustou moito aos nosos lectores e, dende logo, non deixou indiferente a  ninguén. Poidemos escoitar reflexións acerca da pegada nela doutras narracións de adolescentes, como Huckleberry Finn, Scout Finch, Holden Caufield.
Tamén analizamos os principais temas da novela como o conflicto entre individuo e sociedade, a fronteira, a soidade, a familia, o paso da adolescencia a madurez, etc. Discutimos acerca da verosimilitude do retrato de personaxes, especialmente do narrador, o rapaz Dell. Falamos da súa estructura, das súas reminiscencias épicas, así como do seu maxistral estilo.
Esperamos que a vindeira lectura tamén dea de sí. 

martes, 21 de octubre de 2014

Falando con Richard Ford de "Canadá"



Interesante entrevista na que, entre outras cousas, se fala desa delgada liña que separa unha vida normal e a de un delincuente ou criminal. O escritor confesa que nunha etapa da súa vida fixo equilibrios nesa estreita fronteira.

martes, 30 de septiembre de 2014

ARRINCA A NOVA TEMPADA

Ola a todos!
Onte tiven o gusto de volver ver a maioría dos vellos amigos do noso Club. Botei en falta algúns que xustificaron a súa ausencia por diversos motivos, pero que virán en vindeiras xuntanzas. Tamén tivemos interesantes incorporacións como as do grupiño de vellos alumnos (non por idade, aínda que xa teñen dereito a estar aquí porque son adultos), como a da profesora xubilada Elia, ou a de Dani, o noso vice.
Precisamente Dani nos recomendou a nosa nova lectura. Trátase da novela Canadá do norteamericano Richard Ford (Anagrama, 2013) que nos conta o caso dunha familia de clase media antes, durante e logo dun feito que lles cambia as súas vidas. Promete, así que a disfrutala!



Vémonos o vindeiro día 28 á hora de sempre.
Bo curso e boas lecturas!


Richard Ford

viernes, 27 de junio de 2014

XUNTANZA NA QUINTANA

Un grupo de lectoras e un lector -José Carlos- reunímonos o pasado mércores na cervexería que xa non se chama así, pero todos coñecemos pola Quintana. Falamos de libros para o verán, e de todo un pouco.
Aquí van algunhas das recomendacións que quedaron sobre a mesa: 


  • Ian Mcewan: Chesil Beach
  • Lorenzo Silva: Los cuerpos extraños
  • Henrique Dacosta: Entrada no xardín do saber


E clásicos de sempre como

  • Benito Pérez Galdós: Lo prohibido
  • Miguel Delibes: Aún es de día
  • Pearl S. Buck: Vientodel Este, Viento del Oeste
Algúns recomedaron autores en conxunto como:
  • Javier Reverte: os seus libros de viaxes.
  • Iris Murdoch
A todos desexamos un bo verán chéo de libros. E xa sabedes que podedes vir pola biblioteca a sacar exemplares para este tempo de lecer.
Vémonos o último martes de outubro. Vide con moita enerxía!

miércoles, 25 de junio de 2014

HOXE DESPEDIDA NA QUINTANA

Ola amigos!
Case se me esquece recordarvos que hoxe temos a nosa xuntanza de despedida do noso Club. Esperámosvos a todos os que poidades na Quintana ás 8 da tarde. Vide con moitas ideas para aconsellar boas lecturas estivais.
Até logo!

miércoles, 28 de mayo de 2014

ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB (POLO DE AGORA)

Pois si. Onte pechamos o curso na sección de adultos do noso Club de Lecturas. E o fixemos comentando o libro do holandés Herman Koch: A cea. A sesión estivo moi ben moderada por Pilar (nai de Irene Saura de 2º BAC) e, coma sempre, Iñaki na parte gráfica.
Tras completar unha enquisa na que se valoraba a actividade no seu conxunto coa finalidade de mellorar nostra proposta cara ao vindeiro curso, iniciamos a sesión.
O libro resultou interesante en xeral aos nosos lectores. Non tanto pola súa calidade literaria (que foi posta en dúbida por algúns), senón por o debate sobre a violencia que xenerou. Sobre todo a relación entre a violencia xuvenil e a xustificación dos pais ante a sociedade. O tema non era doado. E a algúns quedoulles un certo mal sabor de boca pola actitude irresponsable dos pais protagonistas: Paul e Claire, que nin desde a posición da enfermidade mental, enténdese ben. 
En todo caso suscitou moita controversia xa que a sesión alongouse moito. De tal xeito que decidimos quedar o vindeiro mes (concretamente o mércores 25 de xuño as 20 horas) para falar de libros diante dunhas cañas. Non  faltedes. Esperamos vostras propostas de lecturas estivais.

miércoles, 30 de abril de 2014

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA. CREMATORIO DE CHIRBES

Onte tivemos dobre sesión na biblioteca. A de rapaces, da que xa falei no seu sitio correspondente e a de adultos da que falarei agora. Da presentación encargouse María, a  nai dos irmáns Valeiro, que nos sorprendeu a todos pola súa profundidade e soltura. E da parte visual, coma sempre, o noso incondicional e incansable Iñaki. Como son moi aplicadiño estiven tomando nota da opinión de todos os presentes e vouvos facer un pequeno resumo:
  • A Dolores gustoulle moito e pensa que Crematorio vai quedar como unha novela representativa da nosa época.
  • A Concha pareceulle que borda tanto o tema coma, sobretodo, os personaxes.
  • A Ángeles enganchoulle máis o seu dominio das técnicas narrativas.
  • A Chus fascináronlle as referencias culturais e as contradicións entre personaxes.
  • Julia opina que ten partes positivas como a temática que lle parece moi oportunista, así como o acertado do título. Pero que tamén ten partes negativas como todo o pesimismo que destila.
  • A Esperanza costoulle arrincar pero lle gusta como debuxa aos personaxes que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo.
  • A Lucía tamén pareceulle un pouco pesado pero valórao como documento histórico dunha época moi recente.
  • A nai de Paula non foi capaz de rematalo e iso que o intentou ata tres veces. Pero non tira a toalla.
  • A Pilar, aínda que non o rematou, lle está gustando e pensa adicarlle máis tempo.
  • A Armando gustoulle moitisimo tanto como está escrito como o feito de que o autor se recoñece como a suma de todos os seus personaxes.
  • A José Carlos pareceulle todo un descubrimento tanto polo seu fondo como pola súa forma.
  • Emilio o ve como o propio axuste de contas do autor coa súa xeración. 
  • Guillermo defínea como unha novela canalla o de realismo sucio e fascinalle polas súas técnicas narrativas.
  • A Mari gustalle o gran abano de temas que trata e como non se deixa nada no tinteiro.
  • A Montse non lle deu tempo a lelo.
  • A Iñaki pareceulle moi complexo e salienta a influencia de autores realistas como Galdós. 
Seguro que esquecín cousas pero aquí queda este ramallo de opinións para que conste en acta. Ata a próxima!

lunes, 21 de abril de 2014

EXEMPLARES DE CREMATORIO

Queridos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura:
Quero pedir disculpas por non ter repartido a tempo os exemplares de Crematorio. Me explico. Non os trouxeron ata casi o inicio das vacacións porque non os tiñan devoltos ao seu debido tempo. Non obstante, xestionei máis exemplares a través da biblioteca do GAIAS pero nos colleu a Semana Santa polo medio polo que ata esta mesma semana non verrán. 
Como Socas esta de viaxe (non co INSERSO), queda encargada Ana Seco de repartilo a quen non o teña. Pero o problema é a falta de tempo. Xa sei que é un libro denso, largo e difícil de ler nunha semana. Pero menos dá unha pedra. De todas formas, pediría que a persona que non teña exemplar se poña en contacto con Ana porque ela non sabe quen necesita o libro.

GRACIAS por todo e perdoade as molestias.


lunes, 10 de marzo de 2014

A NOSA ÚLTIMA SESIÓN

Nunca fixera antes un resumo da nosa última sesión do Club con tantísimo retraso. Síntoo! Pero podedes crer que estou moi ocupadiño redecorando a nosa biblioteca. Ides quedar abraiados, espero, co que conseguimos. Logo de 50 anos co vello mobiliario estou coma un neno con zapatos novos. E iso que aínda temos que facer algo con aquelas vellas baldosas e aquela cor tan sosa da parede. Pero amodiño.
En fin, ao que ía. O pasado día 25 de febrero tivo lugar a consabida sesión do noso Club que foi moderada, esplendidamente, polo noso compañeiro Guillermo. O libro que nos convocaba era, xa o sabedes, Un home na oscuridade de Paul Auster. A análise que fixo o moderador da vida, da traxectoria do escritor neoiorquino e desta obra en particular foi moi completa e profunda. Deu pistas sobre o interese de Auster nos temas como a relación entre a realidade e a ficción, a enfermidade e a literatura, o cine e a narrativa.
E falando de cine, por iniciativa de José Carlos, Iñaki nos puxo un anaco da película Smoke na que o personaxe relata unha fantástica historia ao seu intelocutor.
Lástima que Pilar non se acordara de facer fotos para poñer imaxes a esta magnífica sesión. Xa vexo que non sou eu o único empanado últimamente. En fin, será que esta pensando na próxima presentación do seu maiordomo.

lunes, 24 de febrero de 2014

miércoles, 29 de enero de 2014

SOCAS INFORMA SOBRE A ÚLTIMA XUNTANZA

Ola amigos!
Onte tivemos unha nova sesión do noso cada día máis animado Club de Lectura de Adultos. Case estivemos ao completo aínda que botamos en falta a alguns dos nosos membros máis queridos como Concha. 
A sesión versou, loxicamente, sobre a nosa lectura. El héroe dicreto de Mario Vargas Llosa. Foi moderada polo noso compañeiro Emilio Saldaña, que incidiu en aspectos temáticos como o da paternidade, moi presente en toda a obra do escritor peruano. Salientou as problemáticas relacións pai-fillo que aparecen nesta novela en personaxes como Fonchito -xa aparecido noutras obras como Elogio de la madrastra-; os dous brutos fillos de Ismael, as hienas, que queren desbaratar o matrimonio do seu pai coa criada; Miguel, en realidade non fillo de sangue de Felícito, quen remata renegando del por mor da súa traizón; a propia relación de Felícito co seu pai de quen aprende o lema da súa vida: "Fillo, non te deixes pisotear por ninguén".
Debatendo


Interviñeron moitos dos  nosos asistentes para dar a súas opinións sobre ese tema, e outros como a sociedade conservadora de Perú, a situación da muller, a relación desta novela con outras do autor, o erotismo, etc. E coma sempre, Iñaki preparounos unha das súas completas e documentadas presentacións. 
E veña

O noso vindeiro libro vai ser: Un home na escuridade, a versión galega da obra de Paul Auster Man in the Dark (Vigo: Galaxia, 2008) e vai ser moderada por Guillermo.

Disfrutade coa súa lectura! 
Emilio moderando