miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENCONTRO CON HENRIQUE DACOSTA: UN VERDADEIRO PRACER

Onte resultou moi agarimoso e tonificante o encontro co noso amigo e compañeiro, o escritor Henrique Dacosta. Lástima que o virus mermase as nosas forzas case que a metade do persoal. Mais os que estivemos disfrutamos coas palabras do autor de Os desherdados, que nos falou dalgunhas das súas "receitas" e segredos. Contounos como para el: "Covas exerce unha atración magnética e case que telúrica". De alí veñen a súas orixes, alí pasou moitos veráns de praia, camiñadas e algunhas trasnadas. Alí imaxinou a historia de Balbina e os outros personaxes, baseándose nas experiencias do seu avó, traballador nos túneles do Monte do Cabalo, e doutros maiores da zona.



Penso que para os que somos de Ferrol (ou polo menos vivimos aquí) é bonito coñecer máis da historia local. Pero é que Henrique sabe contala. Ten o don de encandilar coa súa primorosa, aínda que difícil, prosa. Penso que non esaxero si pronostico que xa temos entre nós un dos grandes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario