jueves, 29 de enero de 2015

PRESENTACIÓN DE DANIEL SOBRE ASÍ EMPIEZA LO MALO DE JAVIER MARÍAS

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a estupenda presentación de Dani sobre a nosa última lectura, a de Javier Marías.



miércoles, 28 de enero de 2015

SESIÓN SOBRE JAVIER MARÍAS

Onte tivemos o luxo de escoitar a Dani na súa presentación sobre a novela de Javier Marías, Así empieza lo malo.

Pronto subiremos dita laboriosa presentación a este blog. Pero adiantaremos que onte a biblioteca converteuse nun espazo máxico de fonda reflexión, onde penso que todos estivemos moi a gusto, aínda que tivemos moitas e sentidas ausencias. 
Debo dicir, polo que escoitei dende o meu recanto, que o libro gustou moito a pesares do inicial respeto pola proverbial dificultade da prosa do autor madrileño. Puidemos falar e pensar sobre temas tan interesantes como a necesidade de coñecer ou non a verdade, sobre o que dicimos e o que calamos, sobre as realidades ficcionalizadas enlazadas, sobre o eterno retorno, etc...
Algúns nos decatamos de que hai tuertos que non queren ver, que Hamlet veu de novo dende Dinamarca, que tiña razón o poeta que dicía aquilo de "Thus bad begins and worse remains behind".
Tamén algúns entusiastas contáronos anécdotas sobre o autor da novela, e mesmo algúns cotilleos sobre outros escritores (Cela, Torrente), profesores (Rico) e intelectuais do noso país... 
Dende logo, pola miña parte, quedei con ganas de máis Marías. Sí, Dani o conseguiches. E debo recoñecer con certa vergonza que non tiñamos ni un só exemplar deste escritor na biblio. Así que hai que arranxar este problema.



Por outra banda, vémonos en febreiro coa novela do noso compañeiro Guillermo, Conacho. Unha indagación pola historia recente da nosa realidade máis veciña. Poñemos falta!



Saúde e libros, compañeiros!

martes, 27 de enero de 2015

RETOMAMOS AS NOSAS SESIÓNS

Ola a todos!
Como xa sabedes, hoxe retomamos a nosa andaina (interrumpida polas actividades de decembro e as vacacións de Nadal) no Club de Adultos do Sofía.


E o facemos ao grande: co último libro de Javier Marías: Así empieza lo malo (Alfaguara: 2014).


Teremos a sorte de contar como moderador cun experto entusiasta no autor madrileño: Dani.
Así que auguro unha xornada moi interesante. Traede a punto as vosas notas de lectura.