miércoles, 28 de mayo de 2014

ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB (POLO DE AGORA)

Pois si. Onte pechamos o curso na sección de adultos do noso Club de Lecturas. E o fixemos comentando o libro do holandés Herman Koch: A cea. A sesión estivo moi ben moderada por Pilar (nai de Irene Saura de 2º BAC) e, coma sempre, Iñaki na parte gráfica.
Tras completar unha enquisa na que se valoraba a actividade no seu conxunto coa finalidade de mellorar nostra proposta cara ao vindeiro curso, iniciamos a sesión.
O libro resultou interesante en xeral aos nosos lectores. Non tanto pola súa calidade literaria (que foi posta en dúbida por algúns), senón por o debate sobre a violencia que xenerou. Sobre todo a relación entre a violencia xuvenil e a xustificación dos pais ante a sociedade. O tema non era doado. E a algúns quedoulles un certo mal sabor de boca pola actitude irresponsable dos pais protagonistas: Paul e Claire, que nin desde a posición da enfermidade mental, enténdese ben. 
En todo caso suscitou moita controversia xa que a sesión alongouse moito. De tal xeito que decidimos quedar o vindeiro mes (concretamente o mércores 25 de xuño as 20 horas) para falar de libros diante dunhas cañas. Non  faltedes. Esperamos vostras propostas de lecturas estivais.