miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENCONTRO CON HENRIQUE DACOSTA: UN VERDADEIRO PRACER

Onte resultou moi agarimoso e tonificante o encontro co noso amigo e compañeiro, o escritor Henrique Dacosta. Lástima que o virus mermase as nosas forzas case que a metade do persoal. Mais os que estivemos disfrutamos coas palabras do autor de Os desherdados, que nos falou dalgunhas das súas "receitas" e segredos. Contounos como para el: "Covas exerce unha atración magnética e case que telúrica". De alí veñen a súas orixes, alí pasou moitos veráns de praia, camiñadas e algunhas trasnadas. Alí imaxinou a historia de Balbina e os outros personaxes, baseándose nas experiencias do seu avó, traballador nos túneles do Monte do Cabalo, e doutros maiores da zona.



Penso que para os que somos de Ferrol (ou polo menos vivimos aquí) é bonito coñecer máis da historia local. Pero é que Henrique sabe contala. Ten o don de encandilar coa súa primorosa, aínda que difícil, prosa. Penso que non esaxero si pronostico que xa temos entre nós un dos grandes.

PRESENTACIÓN DA NOVELA OS DESHERDADOS

sábado, 22 de noviembre de 2014

HENRIQUE DACOSTA VISITARANOS NA VINDEIRA XUNTANZA

Ola a todos! Como xa sabedes, o vindeiro martes, no marco da sesión do novembro teremos o pracer de escoitar de primeira man ao autor do libro deste mes.

Henrique Dacosta virá falarnos da súa novela. Estades invitados todos os membros do Club, por suposto. Mais tamén poden achegarse aqueles afeccionados a lectura que queiran pasar un bo rato co autor de Os desherdados.

É importante que pensedes algunhas preguntas para facerlle a Henrique a así poder aproveitar mellor a súa visita.
Vémonos!