Onte tivemos dobre sesión na biblioteca. A de rapaces, da que xa falei no seu sitio correspondente e a de adultos da que falarei agora. Da presentación encargouse María, a nai dos irmáns Valeiro, que nos sorprendeu a todos pola súa profundidade e soltura. E da parte visual, coma sempre, o noso incondicional e incansable Iñaki. Como son moi aplicadiño estiven tomando nota da opinión de todos os presentes e vouvos facer un pequeno resumo:
- A Dolores gustoulle moito e pensa que Crematorio vai quedar como unha novela representativa da nosa época.
- A Concha pareceulle que borda tanto o tema coma, sobretodo, os personaxes.
- A Ángeles enganchoulle máis o seu dominio das técnicas narrativas.
- A Chus fascináronlle as referencias culturais e as contradicións entre personaxes.
- Julia opina que ten partes positivas como a temática que lle parece moi oportunista, así como o acertado do título. Pero que tamén ten partes negativas como todo o pesimismo que destila.
- A Esperanza costoulle arrincar pero lle gusta como debuxa aos personaxes que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo.
- A Lucía tamén pareceulle un pouco pesado pero valórao como documento histórico dunha época moi recente.
- A nai de Paula non foi capaz de rematalo e iso que o intentou ata tres veces. Pero non tira a toalla.
- A Pilar, aínda que non o rematou, lle está gustando e pensa adicarlle máis tempo.
- A Armando gustoulle moitisimo tanto como está escrito como o feito de que o autor se recoñece como a suma de todos os seus personaxes.
- A José Carlos pareceulle todo un descubrimento tanto polo seu fondo como pola súa forma.
- Emilio o ve como o propio axuste de contas do autor coa súa xeración.
- Guillermo defínea como unha novela canalla o de realismo sucio e fascinalle polas súas técnicas narrativas.
- A Mari gustalle o gran abano de temas que trata e como non se deixa nada no tinteiro.
- A Montse non lle deu tempo a lelo.
- A Iñaki pareceulle moi complexo e salienta a influencia de autores realistas como Galdós.
Seguro que esquecín cousas pero aquí queda este ramallo de opinións para que conste en acta. Ata a próxima!