Mostrando entradas con la etiqueta Rafael Chirbes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rafael Chirbes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de abril de 2014

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA. CREMATORIO DE CHIRBES

Onte tivemos dobre sesión na biblioteca. A de rapaces, da que xa falei no seu sitio correspondente e a de adultos da que falarei agora. Da presentación encargouse María, a  nai dos irmáns Valeiro, que nos sorprendeu a todos pola súa profundidade e soltura. E da parte visual, coma sempre, o noso incondicional e incansable Iñaki. Como son moi aplicadiño estiven tomando nota da opinión de todos os presentes e vouvos facer un pequeno resumo:
  • A Dolores gustoulle moito e pensa que Crematorio vai quedar como unha novela representativa da nosa época.
  • A Concha pareceulle que borda tanto o tema coma, sobretodo, os personaxes.
  • A Ángeles enganchoulle máis o seu dominio das técnicas narrativas.
  • A Chus fascináronlle as referencias culturais e as contradicións entre personaxes.
  • Julia opina que ten partes positivas como a temática que lle parece moi oportunista, así como o acertado do título. Pero que tamén ten partes negativas como todo o pesimismo que destila.
  • A Esperanza costoulle arrincar pero lle gusta como debuxa aos personaxes que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo.
  • A Lucía tamén pareceulle un pouco pesado pero valórao como documento histórico dunha época moi recente.
  • A nai de Paula non foi capaz de rematalo e iso que o intentou ata tres veces. Pero non tira a toalla.
  • A Pilar, aínda que non o rematou, lle está gustando e pensa adicarlle máis tempo.
  • A Armando gustoulle moitisimo tanto como está escrito como o feito de que o autor se recoñece como a suma de todos os seus personaxes.
  • A José Carlos pareceulle todo un descubrimento tanto polo seu fondo como pola súa forma.
  • Emilio o ve como o propio axuste de contas do autor coa súa xeración. 
  • Guillermo defínea como unha novela canalla o de realismo sucio e fascinalle polas súas técnicas narrativas.
  • A Mari gustalle o gran abano de temas que trata e como non se deixa nada no tinteiro.
  • A Montse non lle deu tempo a lelo.
  • A Iñaki pareceulle moi complexo e salienta a influencia de autores realistas como Galdós. 
Seguro que esquecín cousas pero aquí queda este ramallo de opinións para que conste en acta. Ata a próxima!