Aquí vai a prometida presentación de Pilar
para ex-alumnos, nais, pais e profes (non existen os ex-profes) que queiran pasar un bo rato poñendo a súa paixón pola lectura como excusa
jueves, 26 de febrero de 2015
miércoles, 25 de febrero de 2015
A NOSA SESIÓN SOBRE CONACHO
Onte daba gusto estar no meu recuncho. A biblioteca volveu encherse de membros do Club de Adultos. Atopei por alí caras que había certo tempo que non vía. Alégrome. Tamén sei que algúns de vós tedes moitos compromisos (concertos, cursiños... é que sodes do máis polifacético) e que sentistes non estar.
Compréndoo porque foi unha sesión moi emotiva, na que disfrutamos da voz de Guillermo na lectura de fragmentos da súa obra e puidemos enterarnos de primeira man de detalles como que case Juan Diego protagoniza unha versión cinematográfica da novela. Moitos de vós recordastes (os de Ferrol e os de fóra) pedazos da vosa historia. Detalles do Ferrol de hai cincuenta anos: os barrios, as tabernas, esa estatua, as Pepitas, a Constructora, o Casino, os chonis, os nachos, os sorchos, e os conachos. (Ai ese ch tan ferrolán!) Falastes e aínda polemizastes, o que é moi san.
Pois si, como dixo alguén, está converténdose en costume isto de ter connosco escritores amigos.
Pronto subiremos a presentación de Pilar ao blog, é que aínda está a corrixir algúns detalles. Non sabemos por qué número de diapositiva vai xa...
Pero agora toca pasar ao seguinte asunto. A vida ten sempre iso: que non para. Por se alguén aínda non o sabe, o vindeiro libro é El maestro y Margarita de Mijail Bulgákov. E aínda temos algúns exemplares na biblio para os rezagados. A sesión adiantámola ao 24 de marzo pola Semana Santa. A propósito quen se anima a facer a presentación?
martes, 24 de febrero de 2015
HOXE TEMOS NOVA SESIÓN CO AUTOR DE CONACHO
Recordamos que hoxe temos a ansiada sesión co noso compañeiro, Guillermo Ferrández, sobre a súa primeira novela, Conacho.
Non sempre se pode disfrutar de ter connosco ao propio autor para comentar en vivo e en directo todas as inquedanzas que deixa a lectura dunha obra tan rica e suxerente como este retrato do Ferrol de hai cincuenta anos. Case cando a nosa andaina como centro educativo comenzaba, a nosa cidade vivía presa dunha ríxida xerarquía celebrando, casi que con toque de queda, 25 Anos de Paz!
Espero vervos a todos con ganas de falar e falar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)