Nesta primeira sesión proporemos os libros de lectura deste 2016-17. O ano pasado, tras a primeira reunión do curso
2015-16, estas foron as suxestións dos membros do club:
- Propostas para 2015-16: Variedade, moita variedade.
- Das anteriores, coincidían coa oferta do Club de Lectura da Biblioteca de Galicia as que aparecen neste enlace: Libros da Biblioteca de Galicia.
- Finalmente, esta foi a proposta: Libros do club de lectura; proposta para 2016.
O martes, 27 de setembro, ás 18.15, tomaremos en conta estas propostas e traeremos outras novas (5 libros por cada membro do club). Ademais, entregarase a lectura de novembro: Patrimonio, unha historia verdadera (Philip Roth, 1991). En Patrimonio (1991), o protagonista é testemuña da loita do seu pai -viúvo, oitenta e seis anos, coñecido antano pola súa fortaleza e encanto- contra un tumor cerebral. Un libro dun autor recoñecido que foi ben recibido pola crítica no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario