Algúns membros comentaron que esta é unha biografía novelada e pese a que as novelas históricas non son do seu gusto, recoñeceron o enorme esforzo de docuementación e a labor de divulgación que fixo Pilar da figura histórica do inxeñeiro naval Jorge Juan e Santacilia, que tanta repercusión tivo no nacemento da nosa cidade. A maioría pensamos que este personaxe, eminente científico, mariño, inxeñeiro e matemático, que tivo unha vida tan interesante, plagada de acontecementos históricos e políticos moi relevantes, e que con unha mala saúde de ferro emprendou proxectos e aventuras nas que puxo en risco a súa vida, sempre o servizo dos intereses do reino de España e da cultura cintífica deste país, era merecedor dos esforzos de Pilar Berrio; e así deixase de ser para os ferroláns unha solitria estatua dos xardíns de Herrera. Ela tenta trasmitirnos a súa fonda admiración pola talla intelectual, científica e política deste mariño pero tamén quere achegarnos ó home de profundas conviccións relixiosas, membro dos cabaleiros da Orden de Malta. Nun un coidado relato no que introducindo persoaxes históricos o outros ficticios tenta achegarnos ó seu carácter con un estilo narrativo co que loita por conservarse fiel ós datos histórico e ás características do pensamento da época. Estivo precisamente a falarnos da dificultade de non caer na tentación de levar a novela por derroteiros máis comerciais. Falounos tamén das orixes do libro, cando paseando pola cidade descubriu a figura de Jorge Juan e como este feito excitou a súa curiosidade polo seu percorrido vital. Xa engaiolada polo personaxe, engade que a nosa compañeira, profesora de Lingua e Literatura Galega, Ana Seco, insistía en animala a escribir sobre a nosa cidade, asegurándolle que Ferrol tiña unha novela. Afortunadamente para todos nós segiu os seus consellos e a novela é hoxe unha realidade.
Desde o noso blog só nos resta darlle os parabéns por esta obra e agradecerlle enormemete que nos teña acompañado nesta chuviosa tarde de verán que foi finalmente encantadora.
PRESENTAICIÓN DO LIBRO DE PILAR BERRIO