Esta semana temos a xuntanza para comentar a novela A la sombra del árbol violeta de Sahar Delijani. Recoñezo que non oira antes falar dela, unha xove iraniana, nacida no cárcere de Evin (Teherán) en 1983 da que esta é a súa primeira novela.
O feito excepcional do seu nacemento en prisión o comparte con varios dos protagonistas da novela. Novela que comeza precisamente co relato dun nacemento nesa mesma cárcere, o de Neda, a filla de Azar. A historia cóntanos as peripecias de dúas xeracións de xoves iranianos. Aqueles que nos anos 80 sufriron represión, cárcere (Azar e o seu marido Ismael; Simin e a súa irmá Parisa; Marzieh ou Firoozeh, compañeiras de Azar e Parisa en Evin), ou morte (Behruz, o irmá de Ismael e home de Simin, e Amir). E aqueles que, fillos dos anteriores, trinta anos despois, sofren as consecuencias de nacer no cárcere, ser criados polos avós e os tíos; ter que emigrar a Berlín, Turín ou California (Neda, Forugh, filla de Behruz e Simin; Omid e Sara, fillos de Parisa; Dante, fillo de Marzieh; Dunya, filla de Firoozeh, ou Sheida, filla de Amir e Maryam).
Esas dúas xeracións corresponden a dous momentos da historia convulsa de Irán. Por un lado, aqueles xoves contestatarios á Revolución Islámica iraní posterior ao derrocamento do Sha e a guerra con Irak e que rematou coa sistemática execución dos prisioneiros políticos en 1988. Por outro lado, os fillos tanto das víctimas como dos verdugos daqueles que protestaron, na chamada "Revolución verde", tras as eleccións presidenciais de 2009, contra un presunto fraude.
Nalgunhas entrevistas como a do EL PAÍS, o El Mundo, Sahar Delijani na súa páxina web conta a orixe desta historia na que aúna vivencias persoais e de seus maiores. Chama a atención que nesta web aparecen, en lugar destacado, as palabras doutro autor que lemos neste club fai moitos anos, Khaled Hosseini, tamén norteamericano fillo dunha patria convulsa de Oriente, neste caso, de Afganistán:
"Set in post-revolutionary Iran, Delijani’s gripping novel is a blistering indictment of tyranny, a poignant tribute to those who bear the scars of it, and a celebration of the human’s heart’s eternal yearning for freedom.
Nesta novela afloran temas como o da represión, que non soamente afecta a quen a sofre directamente, senón tamén a aqueles familiares que teñen que vivir despois con ela. Ocasionando, moitas veces, fortes traumas, silencios, mentiras e segredos no seo das familias. Como no caso de Sheida, que tarda en enterarsed que o seu pai non morrera de cancro senón víctima da represión. Ou como o de Neda:
"Había un profundo abismo entre lo que podía decirse dentro de casa y fuero, al otro lado de la puerta cerrada. Dos mundos paralelos; uno donde nada se ocultaba, ni los recuerdos ni el desprecio de la familia hacia el régimen, y otro donde todo estaba prohibido, donde las voces eran acalladas y los niños heredaban una actitud alerta frente a cualquier cosa que pudiera poner a la familia en peligro, pues cargaban con los secretos de sus padres, pesados como un fardo de piedras que jamás pudieran soltar." (p. 273)
O tema da venganza tamén está moi vivo, non tanto das víctimas contra os verdugos, senón no temor dos fillos das víctimas de non ter rematado de sufrir: "Y así vivieron durante años, con el temor de volver a ser castigados, de una venganza no del todo consumada." (p. 274).
A novela remata en estrutura circular, coa esperanza. Comezou cun nacemento no cárcere, o de Neda, onde participa tamén un Guardián da Revolución, Mesyam, que será logo un arrepentido da mesma, e remata cun nacemento, o do neto de Mesyam, morto pola paliza recibida pola súa nai nunha manifestación. Pero por riba de todo, esta historia finaliza co amor entre a propia Neda e o fillo de Mesyam, Reza.
"De pronto todo el mundo se echó a la calle. Los hijos de las víctimas y también los de los verdugos. Cada uno de ellos rebosantes de esperanza, expectación, confianza." (p. 274)
A cárcere de Evin funciona como marco do horror, pero tamén como símbolo, pois cerca dela reuníranse os fillos das prisioneiras: Sara, Donya, Omid, Dante, e verán pola ventá as luces dunha festa de cumpreanos. (p. 230)
E outro símbolo claro, xa dende o título, é a árbore do jacarandá, o das flores violáceas, que medraba na casa familiar dos avós Agajaan e Zinat. É símbolo da unión familiar:
"Sus destinos tan entrelazados como sus brazos. No podía verlos como hermanos o primos. Sólo acertaba a verlos como tres reflejos de un mismo cuerpo. Tres partes de una misma cosa, como las ramas de un árbol, el jacarandá que crecía en el patio de la casa familiar. Era imposible saber dónde acababa el árbol y dónde empezaban las ramas." (p. 73).
Árbore que se menciona nos momentos nos que se contan varias historias de amor entre Dante e Forugh, Neda e Reza...
En fin, un relato duro, pero que ilumina unha etapa escura da historia dun país quizais demasiado alonxado do noso, nunha edición á que afea certos laísmos na tradución, pero que se le con facilidade e gusto.