miércoles, 28 de enero de 2015

SESIÓN SOBRE JAVIER MARÍAS

Onte tivemos o luxo de escoitar a Dani na súa presentación sobre a novela de Javier Marías, Así empieza lo malo.

Pronto subiremos dita laboriosa presentación a este blog. Pero adiantaremos que onte a biblioteca converteuse nun espazo máxico de fonda reflexión, onde penso que todos estivemos moi a gusto, aínda que tivemos moitas e sentidas ausencias. 
Debo dicir, polo que escoitei dende o meu recanto, que o libro gustou moito a pesares do inicial respeto pola proverbial dificultade da prosa do autor madrileño. Puidemos falar e pensar sobre temas tan interesantes como a necesidade de coñecer ou non a verdade, sobre o que dicimos e o que calamos, sobre as realidades ficcionalizadas enlazadas, sobre o eterno retorno, etc...
Algúns nos decatamos de que hai tuertos que non queren ver, que Hamlet veu de novo dende Dinamarca, que tiña razón o poeta que dicía aquilo de "Thus bad begins and worse remains behind".
Tamén algúns entusiastas contáronos anécdotas sobre o autor da novela, e mesmo algúns cotilleos sobre outros escritores (Cela, Torrente), profesores (Rico) e intelectuais do noso país... 
Dende logo, pola miña parte, quedei con ganas de máis Marías. Sí, Dani o conseguiches. E debo recoñecer con certa vergonza que non tiñamos ni un só exemplar deste escritor na biblio. Así que hai que arranxar este problema.



Por outra banda, vémonos en febreiro coa novela do noso compañeiro Guillermo, Conacho. Unha indagación pola historia recente da nosa realidade máis veciña. Poñemos falta!



Saúde e libros, compañeiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario