lunes, 23 de noviembre de 2015

24N: EÇA DE QUEIROZ, O CRIME DO PADRE AMARO


FUNDACIÓN EÇA DE QUEIROZ

A obra de Eça de Queiroz e Valle-Inclán: as traducións / as relacións intertextuais.

Varias novelas decimonónicas: La conquête de Plassans, La faute de l’ abbé Mouret, O crime do Padre Amaro, Tormento, La Regenta.


En cine:

https://www.youtube.com/results?q=o+crime+do+padre+amaro&sm=1&app=desktop

Versión 2002: http://www.filmaffinity.com/es/film596092.html



Unha obra que deu moito de si na reunión do club. O control, o machismo, o amor-dominio-obsesión, o anticlericalismo do XIX, as relacións de poder, o determinismo, a atmósfera opresiva, asfixiante, dun grupo social...
Novela psicolóxica? Realismo ou naturalismo? Estudo sociolóxico? Ou todo á vez? O padre Natario, Amelia, o padre Amaro, o médico, as beatas, o Libaninho, Totó... Todos eles nunha novela que é un clásico da literatura portuguesa.

domingo, 8 de noviembre de 2015

LIBROS DA BIBLIOTECA DE GALICIA

Na sesión do 24 de novembro comentaremos El crimen del padre Amaro e entregaremos o libro do mes de decembro:

Desgracia, Coetzee
Premio Nobel de Literatura 2003

Esta obra era unha das que se propuxeron  na reunión do 27 de outubro (vid. a relación na entrada anterior). 

Tras revisar o catálogo da Biblioteca de Galicia, establecemos tres grupos:
  1. Obras ou autores propostos polos membros do club de lectura do Sofía.
  2. Obras non citadas, pero que poden ser válidas para o club (pola temática e extensión).
  3. Outras novelas que tamén poderían interesar.
Podemos ir mirando o argumento das obras nos enlaces correspondentes, a fin de seleccionar aquelas que respondan aos nosos intereses.

Grupo 1: Obras (ou autores) propostos polos membros do club de lectura.



Grupo 2: Obras non citadas, pero válidas para o club (pola temática e extensión).


Grupo 3: Outras novelas da Biblioteca de Galicia que tamén poderían interesar.
  • Antunes Lobo: Esplendor de Portugal. 424 páxinas.
  • Carpentier: El siglo de las luces, 416.
  • Chandler: El largo adiós, 448.
  • Chirbes: En la orilla, 440.
  • Grandes, Almudena: El corazón helado, 936.
  • Mankell: La quinta mujer, 640.
  • Moravia: La romana, 502.
  • Némirovsky: Suite francesa. 480.
  • Piñón, Nélida: La república de los sueños. 768.
  • Saramago: Memorial del convento. 472.
  • Steinbeck: Las uvas de la ira. 688.
  • Zweig: La impaciencia del corazón. 472.

miércoles, 28 de octubre de 2015

VARIEDADE, MOITA VARIEDADE...

Imos ter complicado coincidir nos gustos. Onte tiñamos que citar 5 títulos que considerásemos adecuados ou interesantes para o club. Estes son os resultados:




Auster: Leviatan.
Balzac: Papá Goriot.
Bellow: Herzog.
Berger: Puerca tierra.
Carrasco: Intemperie.
24 de novembro

 A película
Caso: Contra el viento.
Caso: Todo ese fuego.
Cela: Madera de boj.
Cela: Viaje a la Alcarria.
Cercas: Soldados de Salamina.
Christie: Telón.
Coetzee: Desgracia.
Collins: La dama de blanco.
Conde: Huesos de santo.
Cortázar: Rayuela.
De Vasconcelos: Mi planta de naranja lima.
Delibes: Aún es de día.
Delibes: Señora de rojo sobre fondo gris. 
Dueñas: La templanza.
Franzen: Libertad.
Galdós: Lo prohibido.
Grandes, Almudena: El lector de Julio Verne.
Howells: La ascensión de Silas Lapham.
James: Guarda y tutela.
James: Las bostonianas.
James: Los europeos.
James: Washington Square.
Kennedy: El momento en que todo cambió.
Knight: Acosada.
Kundera: La insoportable levedad del ser.
Lamaitre: Nos vemos allá arriba.
Landero: El balcón en invierno.
Levi: Si esto es un hombre.
Marías: Los enamoramientos.
McCarthy: La carretera.
McEwan: Chesil Beach.
McEwan: La ley del menor.
Modiano: Trilogía de la ocupación.
Moro: El sari rojo.
Morton: El cumpleaños secreto.
Mújica Lainez: Bomarzo.
Navarro: Dispara, yo ya estoy muerto.
Padura (calquera).
Pardo Bazán: La piedra angular.
Pombo: La cuadratura del círculo.
Rivas: En salvaxe compaña.
Roth: Pastoral americana.
Sábato: Sobre héroes y tumbas.
Sampedro: La sonrisa etrusca.
Sampedro: La vieja sirena.
Saramago: La balsa de piedra.
Scott Fitzgerald: El gran Gatsby.
Steinbeck: Las uvas de la ira.
Torrente Ballester: La saga fuga de J.B.
Vargas Llosa: Pantaleón y las visitadoras.
Vian: La espuma de los días.
Wilde: De profundis.
Wilde: El retrato de Dorian Gray. O único que foi citado por dous lectores.
Woolf: La señora Dalloway.
Zola: El paraíso de las damas.

Teremos estes datos presentes á hora de seleccionar un dos 709 títulos que oferta a Biblioteca de Galicia para os clubs de lectura (achego catálogo, por se estades interesados).

Vémonos o día 24 de novembro, con El crimen del padre Amaro. Teremos outro libro, seguro. Pero vai ser difícil que nos guste a todos... 

martes, 26 de mayo de 2015

UN ÁRBOL CRECE EN BROOKLYN, 25-5-2015

Hoxe tivemos a sesión correspondente a Un árbol crece en Brooklyn (Betty Smith, 1943). Eramos poucos, pero non por iso deixamos de opinar: relación con outras obras, temas e motivos, estilo, detalles... Visións diferentes sobre esta obra, visións que deron pé a un interesante e vehemente debate sobre a educación e as súas posiblidades. 

Deixamos aquí o enlace á presentación "Betty Smith no Sofía", que inclúe dous booktrailers, citas (do capítulo inicial e final), unha aproximación á relación entre Betty Smith, (autora) e Francie Nolan (protagonista), repercusión e adaptacións (película de Elia Kazan, premiada con dous premios Óscar, musical de Broadway...), temas a debate e mesmo unha memoria de posgrao.   


Esquecemos informar sobre a sesión pasada, El maestro y Margarita. Satán, o gato, a elite literaria moscovita, Margarita, Poncio Pilatos e compañía non foron vistos do mesmo xeito polos membros do noso club. Alí estiveron, e hoxe volveron sobrevoar a Biblioteca do Sofía.

Esperemos que o gato perdoe esta -inoportuna- omisión...

lunes, 30 de marzo de 2015

NOTICIAS VARIAS

¡Hola amigos! Como ya sabéis, aplazamos la sesión correspondiente a marzo porque algunos estábamos con el agobio del fin del trimestre, otros de lo más viajero. Nos cogió un poco a todos el toro. ¡Calma y a reponerse en estas vacaciones! Los libros son para disfrutarlos, sin ajetreos ni tensiones. Además, si no nos gustan del todo, pues aplicamos el principio aquel de Danniel Pennac: "El derecho a no terminar un libro"
Así que nuestras próximas citas son las siguientes, en estas fechas:


  • 28 de abril: El maestro y Margarita de Mijaíl Bulgákov.
  • 26 de mayo: Un árbol crece en Brooklyn de Betty Smith.
Pero todo esto ya lo iremos recordando con tiempo.

Buenas lecturas.




miércoles, 25 de febrero de 2015

A NOSA SESIÓN SOBRE CONACHO

Onte daba gusto estar no meu recuncho. A biblioteca volveu encherse de membros do Club de Adultos. Atopei por alí caras que había certo tempo que non vía. Alégrome. Tamén sei que algúns de vós tedes moitos compromisos (concertos, cursiños... é que sodes do máis polifacético) e que sentistes non estar.






Compréndoo porque foi unha sesión moi emotiva, na que disfrutamos da voz de Guillermo na lectura de fragmentos da súa obra e puidemos enterarnos de primeira man de detalles como que case Juan Diego protagoniza unha versión cinematográfica da novela. Moitos de vós recordastes (os de Ferrol e os de fóra) pedazos da vosa historia. Detalles do Ferrol de hai cincuenta anos: os barrios, as tabernas, esa estatua, as Pepitas, a Constructora, o Casino, os chonis, os nachos, os sorchos, e os conachos. (Ai ese ch tan ferrolán!) Falastes e aínda polemizastes, o que é moi san. 
Pois si, como dixo alguén, está converténdose en costume isto de ter connosco escritores amigos.
Pronto subiremos a presentación de Pilar ao blog, é que aínda está a corrixir algúns detalles. Non sabemos por qué número de diapositiva vai xa... 
Pero agora toca pasar ao seguinte asunto. A vida ten sempre iso: que non para. Por se alguén aínda non o sabe, o vindeiro libro é El maestro y Margarita de Mijail Bulgákov. E aínda temos algúns exemplares na biblio para os rezagados. A sesión adiantámola ao 24 de marzo pola Semana Santa. A propósito quen se anima a facer a presentación?

martes, 24 de febrero de 2015

HOXE TEMOS NOVA SESIÓN CO AUTOR DE CONACHO

Recordamos que hoxe temos a ansiada sesión co noso compañeiro, Guillermo Ferrández, sobre a súa primeira novela, Conacho. 

Non sempre se pode disfrutar de ter connosco ao propio autor para comentar en vivo e en directo todas as inquedanzas que deixa a lectura dunha obra tan rica e suxerente como este retrato do Ferrol de hai cincuenta anos. Case cando a  nosa andaina como centro educativo comenzaba, a nosa cidade vivía presa dunha ríxida xerarquía celebrando, casi que con toque de queda, 25 Anos de Paz!
Espero vervos a todos con ganas de falar e falar.

jueves, 29 de enero de 2015

PRESENTACIÓN DE DANIEL SOBRE ASÍ EMPIEZA LO MALO DE JAVIER MARÍAS

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a estupenda presentación de Dani sobre a nosa última lectura, a de Javier Marías.



miércoles, 28 de enero de 2015

SESIÓN SOBRE JAVIER MARÍAS

Onte tivemos o luxo de escoitar a Dani na súa presentación sobre a novela de Javier Marías, Así empieza lo malo.

Pronto subiremos dita laboriosa presentación a este blog. Pero adiantaremos que onte a biblioteca converteuse nun espazo máxico de fonda reflexión, onde penso que todos estivemos moi a gusto, aínda que tivemos moitas e sentidas ausencias. 
Debo dicir, polo que escoitei dende o meu recanto, que o libro gustou moito a pesares do inicial respeto pola proverbial dificultade da prosa do autor madrileño. Puidemos falar e pensar sobre temas tan interesantes como a necesidade de coñecer ou non a verdade, sobre o que dicimos e o que calamos, sobre as realidades ficcionalizadas enlazadas, sobre o eterno retorno, etc...
Algúns nos decatamos de que hai tuertos que non queren ver, que Hamlet veu de novo dende Dinamarca, que tiña razón o poeta que dicía aquilo de "Thus bad begins and worse remains behind".
Tamén algúns entusiastas contáronos anécdotas sobre o autor da novela, e mesmo algúns cotilleos sobre outros escritores (Cela, Torrente), profesores (Rico) e intelectuais do noso país... 
Dende logo, pola miña parte, quedei con ganas de máis Marías. Sí, Dani o conseguiches. E debo recoñecer con certa vergonza que non tiñamos ni un só exemplar deste escritor na biblio. Así que hai que arranxar este problema.



Por outra banda, vémonos en febreiro coa novela do noso compañeiro Guillermo, Conacho. Unha indagación pola historia recente da nosa realidade máis veciña. Poñemos falta!



Saúde e libros, compañeiros!

martes, 27 de enero de 2015

RETOMAMOS AS NOSAS SESIÓNS

Ola a todos!
Como xa sabedes, hoxe retomamos a nosa andaina (interrumpida polas actividades de decembro e as vacacións de Nadal) no Club de Adultos do Sofía.


E o facemos ao grande: co último libro de Javier Marías: Así empieza lo malo (Alfaguara: 2014).


Teremos a sorte de contar como moderador cun experto entusiasta no autor madrileño: Dani.
Así que auguro unha xornada moi interesante. Traede a punto as vosas notas de lectura. 



miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENCONTRO CON HENRIQUE DACOSTA: UN VERDADEIRO PRACER

Onte resultou moi agarimoso e tonificante o encontro co noso amigo e compañeiro, o escritor Henrique Dacosta. Lástima que o virus mermase as nosas forzas case que a metade do persoal. Mais os que estivemos disfrutamos coas palabras do autor de Os desherdados, que nos falou dalgunhas das súas "receitas" e segredos. Contounos como para el: "Covas exerce unha atración magnética e case que telúrica". De alí veñen a súas orixes, alí pasou moitos veráns de praia, camiñadas e algunhas trasnadas. Alí imaxinou a historia de Balbina e os outros personaxes, baseándose nas experiencias do seu avó, traballador nos túneles do Monte do Cabalo, e doutros maiores da zona.



Penso que para os que somos de Ferrol (ou polo menos vivimos aquí) é bonito coñecer máis da historia local. Pero é que Henrique sabe contala. Ten o don de encandilar coa súa primorosa, aínda que difícil, prosa. Penso que non esaxero si pronostico que xa temos entre nós un dos grandes.

PRESENTACIÓN DA NOVELA OS DESHERDADOS

sábado, 22 de noviembre de 2014

HENRIQUE DACOSTA VISITARANOS NA VINDEIRA XUNTANZA

Ola a todos! Como xa sabedes, o vindeiro martes, no marco da sesión do novembro teremos o pracer de escoitar de primeira man ao autor do libro deste mes.

Henrique Dacosta virá falarnos da súa novela. Estades invitados todos os membros do Club, por suposto. Mais tamén poden achegarse aqueles afeccionados a lectura que queiran pasar un bo rato co autor de Os desherdados.

É importante que pensedes algunhas preguntas para facerlle a Henrique a así poder aproveitar mellor a súa visita.
Vémonos!

jueves, 30 de octubre de 2014

Presentación da novela Canadá


Aquí vos deixamos a presentación feita pola nosa compañeira Pilar

A NOSA PRIMEIRA SESIÓN

O pasado martes disfrutamos dun animado debate sobre a novela Canadá. A obra de Richard Ford en xeral gustou moito aos nosos lectores e, dende logo, non deixou indiferente a  ninguén. Poidemos escoitar reflexións acerca da pegada nela doutras narracións de adolescentes, como Huckleberry Finn, Scout Finch, Holden Caufield.
Tamén analizamos os principais temas da novela como o conflicto entre individuo e sociedade, a fronteira, a soidade, a familia, o paso da adolescencia a madurez, etc. Discutimos acerca da verosimilitude do retrato de personaxes, especialmente do narrador, o rapaz Dell. Falamos da súa estructura, das súas reminiscencias épicas, así como do seu maxistral estilo.
Esperamos que a vindeira lectura tamén dea de sí. 

martes, 21 de octubre de 2014

Falando con Richard Ford de "Canadá"



Interesante entrevista na que, entre outras cousas, se fala desa delgada liña que separa unha vida normal e a de un delincuente ou criminal. O escritor confesa que nunha etapa da súa vida fixo equilibrios nesa estreita fronteira.

martes, 30 de septiembre de 2014

ARRINCA A NOVA TEMPADA

Ola a todos!
Onte tiven o gusto de volver ver a maioría dos vellos amigos do noso Club. Botei en falta algúns que xustificaron a súa ausencia por diversos motivos, pero que virán en vindeiras xuntanzas. Tamén tivemos interesantes incorporacións como as do grupiño de vellos alumnos (non por idade, aínda que xa teñen dereito a estar aquí porque son adultos), como a da profesora xubilada Elia, ou a de Dani, o noso vice.
Precisamente Dani nos recomendou a nosa nova lectura. Trátase da novela Canadá do norteamericano Richard Ford (Anagrama, 2013) que nos conta o caso dunha familia de clase media antes, durante e logo dun feito que lles cambia as súas vidas. Promete, así que a disfrutala!



Vémonos o vindeiro día 28 á hora de sempre.
Bo curso e boas lecturas!


Richard Ford

viernes, 27 de junio de 2014

XUNTANZA NA QUINTANA

Un grupo de lectoras e un lector -José Carlos- reunímonos o pasado mércores na cervexería que xa non se chama así, pero todos coñecemos pola Quintana. Falamos de libros para o verán, e de todo un pouco.
Aquí van algunhas das recomendacións que quedaron sobre a mesa: 


  • Ian Mcewan: Chesil Beach
  • Lorenzo Silva: Los cuerpos extraños
  • Henrique Dacosta: Entrada no xardín do saber


E clásicos de sempre como

  • Benito Pérez Galdós: Lo prohibido
  • Miguel Delibes: Aún es de día
  • Pearl S. Buck: Vientodel Este, Viento del Oeste
Algúns recomedaron autores en conxunto como:
  • Javier Reverte: os seus libros de viaxes.
  • Iris Murdoch
A todos desexamos un bo verán chéo de libros. E xa sabedes que podedes vir pola biblioteca a sacar exemplares para este tempo de lecer.
Vémonos o último martes de outubro. Vide con moita enerxía!

miércoles, 25 de junio de 2014

HOXE DESPEDIDA NA QUINTANA

Ola amigos!
Case se me esquece recordarvos que hoxe temos a nosa xuntanza de despedida do noso Club. Esperámosvos a todos os que poidades na Quintana ás 8 da tarde. Vide con moitas ideas para aconsellar boas lecturas estivais.
Até logo!