miércoles, 30 de abril de 2014

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA. CREMATORIO DE CHIRBES

Onte tivemos dobre sesión na biblioteca. A de rapaces, da que xa falei no seu sitio correspondente e a de adultos da que falarei agora. Da presentación encargouse María, a  nai dos irmáns Valeiro, que nos sorprendeu a todos pola súa profundidade e soltura. E da parte visual, coma sempre, o noso incondicional e incansable Iñaki. Como son moi aplicadiño estiven tomando nota da opinión de todos os presentes e vouvos facer un pequeno resumo:
  • A Dolores gustoulle moito e pensa que Crematorio vai quedar como unha novela representativa da nosa época.
  • A Concha pareceulle que borda tanto o tema coma, sobretodo, os personaxes.
  • A Ángeles enganchoulle máis o seu dominio das técnicas narrativas.
  • A Chus fascináronlle as referencias culturais e as contradicións entre personaxes.
  • Julia opina que ten partes positivas como a temática que lle parece moi oportunista, así como o acertado do título. Pero que tamén ten partes negativas como todo o pesimismo que destila.
  • A Esperanza costoulle arrincar pero lle gusta como debuxa aos personaxes que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo.
  • A Lucía tamén pareceulle un pouco pesado pero valórao como documento histórico dunha época moi recente.
  • A nai de Paula non foi capaz de rematalo e iso que o intentou ata tres veces. Pero non tira a toalla.
  • A Pilar, aínda que non o rematou, lle está gustando e pensa adicarlle máis tempo.
  • A Armando gustoulle moitisimo tanto como está escrito como o feito de que o autor se recoñece como a suma de todos os seus personaxes.
  • A José Carlos pareceulle todo un descubrimento tanto polo seu fondo como pola súa forma.
  • Emilio o ve como o propio axuste de contas do autor coa súa xeración. 
  • Guillermo defínea como unha novela canalla o de realismo sucio e fascinalle polas súas técnicas narrativas.
  • A Mari gustalle o gran abano de temas que trata e como non se deixa nada no tinteiro.
  • A Montse non lle deu tempo a lelo.
  • A Iñaki pareceulle moi complexo e salienta a influencia de autores realistas como Galdós. 
Seguro que esquecín cousas pero aquí queda este ramallo de opinións para que conste en acta. Ata a próxima!

lunes, 21 de abril de 2014

EXEMPLARES DE CREMATORIO

Queridos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura:
Quero pedir disculpas por non ter repartido a tempo os exemplares de Crematorio. Me explico. Non os trouxeron ata casi o inicio das vacacións porque non os tiñan devoltos ao seu debido tempo. Non obstante, xestionei máis exemplares a través da biblioteca do GAIAS pero nos colleu a Semana Santa polo medio polo que ata esta mesma semana non verrán. 
Como Socas esta de viaxe (non co INSERSO), queda encargada Ana Seco de repartilo a quen non o teña. Pero o problema é a falta de tempo. Xa sei que é un libro denso, largo e difícil de ler nunha semana. Pero menos dá unha pedra. De todas formas, pediría que a persona que non teña exemplar se poña en contacto con Ana porque ela non sabe quen necesita o libro.

GRACIAS por todo e perdoade as molestias.


lunes, 10 de marzo de 2014

A NOSA ÚLTIMA SESIÓN

Nunca fixera antes un resumo da nosa última sesión do Club con tantísimo retraso. Síntoo! Pero podedes crer que estou moi ocupadiño redecorando a nosa biblioteca. Ides quedar abraiados, espero, co que conseguimos. Logo de 50 anos co vello mobiliario estou coma un neno con zapatos novos. E iso que aínda temos que facer algo con aquelas vellas baldosas e aquela cor tan sosa da parede. Pero amodiño.
En fin, ao que ía. O pasado día 25 de febrero tivo lugar a consabida sesión do noso Club que foi moderada, esplendidamente, polo noso compañeiro Guillermo. O libro que nos convocaba era, xa o sabedes, Un home na oscuridade de Paul Auster. A análise que fixo o moderador da vida, da traxectoria do escritor neoiorquino e desta obra en particular foi moi completa e profunda. Deu pistas sobre o interese de Auster nos temas como a relación entre a realidade e a ficción, a enfermidade e a literatura, o cine e a narrativa.
E falando de cine, por iniciativa de José Carlos, Iñaki nos puxo un anaco da película Smoke na que o personaxe relata unha fantástica historia ao seu intelocutor.
Lástima que Pilar non se acordara de facer fotos para poñer imaxes a esta magnífica sesión. Xa vexo que non sou eu o único empanado últimamente. En fin, será que esta pensando na próxima presentación do seu maiordomo.

lunes, 24 de febrero de 2014

miércoles, 29 de enero de 2014

SOCAS INFORMA SOBRE A ÚLTIMA XUNTANZA

Ola amigos!
Onte tivemos unha nova sesión do noso cada día máis animado Club de Lectura de Adultos. Case estivemos ao completo aínda que botamos en falta a alguns dos nosos membros máis queridos como Concha. 
A sesión versou, loxicamente, sobre a nosa lectura. El héroe dicreto de Mario Vargas Llosa. Foi moderada polo noso compañeiro Emilio Saldaña, que incidiu en aspectos temáticos como o da paternidade, moi presente en toda a obra do escritor peruano. Salientou as problemáticas relacións pai-fillo que aparecen nesta novela en personaxes como Fonchito -xa aparecido noutras obras como Elogio de la madrastra-; os dous brutos fillos de Ismael, as hienas, que queren desbaratar o matrimonio do seu pai coa criada; Miguel, en realidade non fillo de sangue de Felícito, quen remata renegando del por mor da súa traizón; a propia relación de Felícito co seu pai de quen aprende o lema da súa vida: "Fillo, non te deixes pisotear por ninguén".
Debatendo


Interviñeron moitos dos  nosos asistentes para dar a súas opinións sobre ese tema, e outros como a sociedade conservadora de Perú, a situación da muller, a relación desta novela con outras do autor, o erotismo, etc. E coma sempre, Iñaki preparounos unha das súas completas e documentadas presentacións. 
E veña

O noso vindeiro libro vai ser: Un home na escuridade, a versión galega da obra de Paul Auster Man in the Dark (Vigo: Galaxia, 2008) e vai ser moderada por Guillermo.

Disfrutade coa súa lectura! 
Emilio moderando

sábado, 28 de diciembre de 2013

Os 10 libros do ano segundo os críticos literarios de Babelia

Un pouco de todo: narrativa, ensaio, poesía, xornalismo, historia. soocioloxía, ficción, ...


1. En la orilla. Rafael Chirbes. Anagrama.
2. Limónov. Emmanuel Carrère.Traducción de Jaime Zulaika. Anagrama
3. Obra completa. Blas de Otero.Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores
4. Todo lo que era sólido. Antonio Muñoz Molina. Seix Barral
5. Canadá. Richard Ford. Anagrama
6. Mi vida querida. Alice Munro. Lumen
7. 14. Jean Echenoz. Anagrama
8. Sociofobia. César Rendueles. Capitán Swing
9. Intemperie. Jesús Carrasco.Seix Barral
10. Las historias de España. Visiones del pasado y construcción de identidad. José Álvarez Junco (coordinador). Crítica / Marcial Pons

Ver o artículo completo en El País

miércoles, 18 de diciembre de 2013

SOCAS INFORMA: A SESIÓN SOBRE NOVECENTO

Ola compañeiros!
Cada día somos máis no noso Club. Onte tivemos tres incorporacións de altura. A nosa compañeira xubilada, Tere Leira, e dous profes vinculados ao centro por razóns familiares: Xesús e José Carlos. Quero darvos a benvida de corazón.

Escoitando a Iñaki

Pasando a falar do libro de onte, parece incrible que un texto tan breve dese para tantos e tan profundos comentarios. En ocasións a biblioteca botaba fume pola fiestra xa que o nivel de afondamento nos significados deste peculiar monólogo, escrito por Alessandro Baricco para o teatro, foi moi elevado. E por iso sintóme moi ledo. 
A sesión a alixeraron un pouco, e falta facía porque estábamos famélicos de tanto pensar, os suculentos postres de Ana, a quen llo agradecemos dende aquí. Certo é que como sobrou un pouco non poiden resistir a tentación e comín de máis pola noite. Penso que o traxe de fin de ano non me vai servir. Mágoa!
Disfrutando da escena do piano

Soamente me queda desexarvos un bo descanso nestas datas navideñas e unha boa entrada no 2014, no que comentaremos o último libro do Premio Nobel, Mario Vargas Llosa, que leva por título: El héroe discreto. A ver se suscita o mesmo interese que o pasado.
Saúdos!

Pero que atentas!

SOCAS

lunes, 16 de diciembre de 2013

Alessandro Baricco




Bo Nadal

Londres NW - Zadie Smith / Cruces de pedra - Domingo Villar / Elling - Ingvar Ambjørnsen / El héroe discreto - Vargas Llosa / Proyecto esposa - Graeme Simsion / Huesos en el jardín - Henning Mankell / Intemperie - Jesús Carrasco /Estoy mucho mejor - David Foenkinos / La vista desde Castle Rock - Alice Munro

viernes, 13 de diciembre de 2013

Aviso: a próxima reunión



O martes 17 pola tarde, o alumnado e profesarado, celebramos no teatro Jofre un festival de nadal - concurso de talentos. A hora de finalización está fixada para as 18 horas, así que debemos retrasar un pouco o inicio da sesión do club de lectura. Queda pois para as 18,30.
Valorouse a posibilidade de cambiala para outra data, pero decidimos mantela para non perder o hábito de celebrala no último martes lectivo do mes.

Vémonos pois o martes 17 ás 18,30

jueves, 28 de noviembre de 2013

Socas informa: A xuntanza do mes de novembro

Ola compañeiros! (xa non podo charmarvos rapaces):
QUE BEN O PASAMOS!
Estou aquí para facer unha crónica da nosa xuntanza do pasado martes. Non sei se me coñecedes, aínda que se preguntárades aos vosos fillos, todos saben quen son. E o martes estaba convosco, mais un pouco agochadiño no máis alto andar. E que aínda teño un pouco de vergoña e vos me impoñedes un chisco. Sobre todo eses dous tan serios que sentan xuntos. Creo que se chaman Guillermo e Emilio.
O caso é que estiven todo o tempo moi atento aos vosos comentarios. Gustoume moito a vosa participación. Falades máis cos rapaces. E xa é dicir.

Recoñezo que o moderador, Iñaki, ten moito estilo e moito xeito facendo cadriños, eixes cronolóxicos e mapas conceptuais. Deixoume un pouco abraiado. Non estivo tampouco mal o detalle dos carnés coas súas fundiñas e todo.
OPINANDO E OPINANDO
Penso que o libro gustou bastante e a algúns ata os fixo chorar. Cousa que de cando en vez non está tan mal. Para o vindeiro mes temos entre mans Novecento de Alessandro Baricco, que é moito máis curtiño e que espero que teña a mesma ou maior aceptación.
Espérovos a todos o día 17 de decembro.
Seguide disfrutando coa lectura. 


ATENTOS A IÑAKI

Bicos:
Socas.