Deixamos aquí o enlace á presentación "Betty Smith no Sofía", que inclúe dous booktrailers, citas (do capítulo inicial e final), unha aproximación á relación entre Betty Smith, (autora) e Francie Nolan (protagonista), repercusión e adaptacións (película de Elia Kazan, premiada con dous premios Óscar, musical de Broadway...), temas a debate e mesmo unha memoria de posgrao.
Esquecemos informar sobre a sesión pasada, El maestro y Margarita. Satán, o gato, a elite literaria moscovita, Margarita, Poncio Pilatos e compañía non foron vistos do mesmo xeito polos membros do noso club. Alí estiveron, e hoxe volveron sobrevoar a Biblioteca do Sofía.
Esperemos que o gato perdoe esta -inoportuna- omisión...