jueves, 27 de junio de 2019

25 DE XUÑO: LA AMIGA ESTUPENDA DE ELENA FERRANTE

Ola a todos!
Rematamos o curso cunha lectura moi refrescante para o inicio do verán. La amiga estupenda, primeiro volume da saga Dos amigas de Elena Ferrante. Tiñamos ganas de achegarnos a esta autora tan misteriosa, cuxa identidade, a de Anita Raja, non se soubo ata ben pouco, por varios motivos. Un deles polo éxito que está a ter a serie de HBO L´amica geniale.


Este primer volume iníciase na época actual cunha chamada de Rino, o fillo de Lila, a Lenú, a narradora, amiga da infancia de Lila. Rino informa da desaparición de Lila. E Lenú, nun largo flash back, comeza a contar a historia da súa amizade, dende os sete anos, nun barrio popular do Nápoles de dopoguerra.
Cun estilo moi áxil, que explica o enorme exito de vendas da saga, o volume devórase, pero por debaixo desa aparente facilidade, ben é certo que se tratan temas moi profundos.
O despertar á vida dunha parella de rapazas é algo, nestes tempos de reivindicacións femininas, que se agradece. Coñeciamos a relación de camaradería de dous mozos, como Tom Sawyer e Huckleberry Finn, ou máis recentemente de Hans e Konradin en Reencuentro de Fred Uhlman (1971) por poñer soamente dous exemplos. Pero non era frecuente abordar esa temática aplicada ás rapazas.


Por outra parte, temas como a educación como factor de compensación das desigualdades sociais, como camiño de mellora persoal e vía de escape dun barrio pobre xa fora moi ben reflectido na fantástica Un árbol crece en Brooklyn de Betty Smith (1943), novela coa que atopamos similitudes con este volume de Ferrante. Nela, Francie Nolan descubre a través da biblioteca todo un mundo de posibilidades. O personaxe da mestra Oliviero, coas súas luces e sombras (como o seu rexeitamento á invitación á voda de Lila), é con todo un modelo deses mestres que coa súa teimuda insistencia, conseguían que os seus alumnos tiraran para adiante, mesmo contra a vontade dos pais que preferían que se puxeran a traballar.
A sexualidade, o despertar da rapaza a ese descoñecido, temido e apetecido universo atravesa toda a narración. A súa cara máis fermosa cos seus primeiros namoramentos con Gino ou Enzo; pero tamén, a súa parte máis terrible, a través do abuso de Donato Sarratore, que vai deixar en Lenú un terrible sentido de culpabilidade que, aínda por riba, vai alonxala do seu verdadeiro amor: Nino Sarratore. E a parte, máis novidosa deste eixo temático, é esa prohibida sensación que o seu amor-celos por Lila tinxe sempre a súas relacións, como na impactante escea, do baño previo á voda de Lila.


As críticas positivas desta novela acompañaron ao éxito popular, caso extraño. Nós sumámonos a esta universal opinión coa estupenda noticia de que temos máis amiga estupenda para rato. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario