domingo, 24 de marzo de 2019

26 DE MARZO: IRSE DE CASA DE CARMEN MARTÍN GAITE

A nosa seguinte lectura é Irse de casa da escritora Carmen Martín Gaite (1925-2000), una salmantina con raíces galegas por parte materna, concretamente da comarca de San Lorenzo de Piñor (Ourense). Tras o seu brillante paso pola Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Salamanca, onde tivo de mestre a Rafael Lapesa, iniciou a súa andaina como escritora.


Encadrada na xeración dos 50 (xunto a outros como Rafael Sánchez Ferlosio que chegou a ser o seu marido, Ignacio Aldecoa, Josefina Aldecoa, e outros), cultivadores da chamada novela social, a nosa escritora comezou a súa carreira no 1954 con El balneario, que acadou o Premio Café Gijón de Relatos. Máis repercusión tivo Entre Visillos, Premio Nadal 1957, un relato caleidoscópico entorno á anodina vida dun grupo de rapazas nunha capital de provincias, que non poden aspirar a moito máis que ver pasar a vida dende detrás duns visillos. Esta serie foi levada á pequena pantalla en nunha serie de RTVE que podemos rescatar en RTVE a la carta.


El cuarto de atrás (Premio Nacional de Literatura, 1978) consolidouna como unha voz a ter en conta tamén no eido da novela experimental, polos seus xogos co narrador e a temporalidade. Retahilas (1974), Fragmentos de interior (1976), Caperucita en Manhattan (1990), Nubosidad variable (1992), La reina de las nieves (1994), Lo raro es vivir (1997) e Irse de casa (1998) foron pasos claros nunha das carreiras más sólidas do panorama da narrativa do finais do século XX. Carreira adornada, moi xustamente con outros galardóns tan señeiros como o Príncipe de Asturias de las Letras (1988), o Castilla y León de las Letras (1991) ou o Premio Nacional de las Letras en 1994. 


Xunto a novela, Carmen Martín Gaite cultivou tamén o relato curto en títulos como Cuentos completos y un monólogo; ou o ensaio en su díptico sobre os costumes amorosos: Usos amorosos del dieciocho en España (1973), ou Usos amorosos de la postguerra española (Premio Anagrama de Ensayo, 1987). A súa tese de doutoramento tamén foi publicada: El proceso de Macanaz (1970).


Toda esta traxectoria, na que tivo cabida a adaptación de guións televisivos como as coñecidas series, Santa Teresa de Jesús (1982) ou Celia (1989) sobre os libros de Elena Fortún, xunto a súa imaxe moderna, a súa melena gris, semicuberta por unha boina, fixeron de Carmen Martín Gaite unha figura cercana ao gran público. 





Cultivou a tradución de grandes clásicos da literatura romántica como Cumbres Borrascosas ou Madame Bovary. Axudou a difundir a obra da súa admirada escritora italiana Natalia Ginzburg. Exerceu a crítica literaria en medios de comunicación como Diario 16 que poden recuperarse no volume: Tirando del hilo (2006). Poden verse algunha das entrevistas feitas  en prensa, logo recuperadas, como esta do Cultural, ou reportaxes na súa memoria, como este do ABC ou de El mundo a cargo do seu amigo, o catedrático Santos Sanz Villanueva.

Se queredes camiñar pola súa xeografía literaria dende San Lorenzo de Piñor, pasando por Salamanca, Madrid e Nova York, podedes consultar este enlace. Un libro recente da editorial Siruela a recorda: Un lugar llamado Carmen Martín Gaite.



E concretamente sobre esta novela Irse de casa, a última que publicou, a propia autora nos di nunha entrevista en El País que: «De hecho, éste podría ser el título de casi todas mis novelas, aunque yo soy muy estable y llevo viviendo en la misma casa de Madrid desde 1953. No sé por qué, pero hay un momento en la vida en que la gente cree que cambiando de casa cambiará de vida»
A protagonista de Irse de casa é Amparo Miranda, unha diseñadora de modas de éxito, que volve a unha cidade de provincias coa idea de pasar desapercibida. «Los libros cambian a medida que los haces. Amparo se me fue convirtiendo en un ojo, se fue desleyendo en las vidas de los demás personajes. Ella se lleva sorpresas, como yo me las llevo cuando observo esas ciudades de provincias que cada vez se parecen más a las grandes ciudades. Todos tienen prisa por decir que son de allí de toda la vida, pero al mismo tiempo quieren irse...».


Esperemos que a súa lectura fora enriquecedora para o nosos membros do Club e que o vindeiro martes disfrutemos coa xuntanza entorno a ela.
Ata entón!

No hay comentarios:

Publicar un comentario