jueves, 9 de enero de 2020

14 de xaneiro: Antes del fin de Ernesto Sábato

Aprazado dende decembro, o vindeiro martes 14 teremos a nosa xuntanza do Club de Lectura correspondente ao libro de memorias de Ernesto Sábato: Antes del fin (Seix Barral, 1999).



Podemos ler varias críticas deste libro que o califican de "crepuscular" e "testamento vital". Dividido en tres partes, tras as "Palabras preliminares" e antes do "Epílogo: Pacto entre derrotados":  "I. Primeros tiempos y grandes decisiones", II. "Quizá sea el fin" e III. "El dolor rompe el tiempo".

O célebre escritor arxentino (1911-2011) que se fixo centenario, deu conta, case ao final da súa longa vida, das súas lembranzas. Adícaas á memoria das tres persoas que máis o acompañaron e agarimaron. Persoas de tres xeracións: a súa nai que sustituiu ao seu primeiro Ernesto morto polo neno que sería o futuro escritor e que suavizou as tensas relacións entre o pai e o fillo; a súa muller Matilde, compañeira fiel dende os anos parisinos ata súa morte; e a perda máis antinatural de todas, a de Jorge Federico, o seu fillo, morto antes ca el. Desta dolor non é capaz de consolarse e toma as palabras de César Vallejo para retratar a súa devastación:


"Hay golpes en la vida tan duros,
golpes como del odio de Dios."


Lendo estas páxinas, escritas coa mestría que o caracterizou, preñadas de nostalxia e de sabedoría, viaxamos polos tempos e os espazos da súa andaina. Pero tamén asistimos ao exame da súa conciencia, plenamente consciente dos cambios operados na sociedade actual.


Dende a súa Pampa natal observamos a súa formación intelectual no eido da Física, o que o levoun a traballar no centro Curie de París. Actividade que, ante a incredulidade de todos, deixa pola literatura, paso que non lle foi doado. Cóntanos tamén a súa evolución política, dende un marxismo e anarquismo comprometido ata a desilusión que a ditadura soviética lle produce.


Fala tamén das súas lecturas de senectude: san Agustín, Jaspers; do consolo de Manrique, Cernuda, Dostoievski, Wilde... Para ao final, dirixirse directamente a nós, os lectores animándonos a superar o que veña, conxugando en primeira persoa a nosas responsabilidades:

"Sí, muchachos, la vida del mundo hay que tomarla como la tarea propia y salir a defenderla. Es nuestra misión" (p. 196).


No hay comentarios:

Publicar un comentario